CAST / GAL

O mar
Bel, 29, Xaviña (Camariñas)

Corría polo monte, co lume cada vez máis préto. Tentara colaborar nas tarefas de extinción, mais rematara atrapada nun auténtico inferno na terra. Ao lonxe, divisou o mar e os cantís da súa vila, sabendo que sería o seu final. O mar bravo ou o lume devastador: non había saída posible, mais ela tiña claro cal prefería. Seguiu correndo ata o bordo, botou unha última ollada ao lume e saltou ao baleiro. O mar sempre fora parte da súa vida… e agora da súa morte. Volvería atoparse co seu pai, naufragado cando era unha cativa.
Compartir: