CAST / GAL

Metamorfose tras o cristal
Xosé Antón, 59, Portas

O espello devolvíalle a imaxe de sempre: os ombros caídos do neno que calaba ante os insultos, a mirada asustada que sempre buscaba o chan. Cantos silencios covardes? Demasiados.

De súpeto, algo rompeu dentro. Basta de ser a presa. Mentres a rabia desprazaba o medo, os seus ombros erguéronse con firmeza e a mandíbula tensouse ata debuxar unha liña ríxida. Os seus ollos, agora estreitados, brillaron cun frío salvaxe. Un sorriso afiado asomou nos seus beizos. O pusilánime morrera alí mesmo; a partires de hoxe, tocaba morder.
Compartir: