CAST / GAL

Solpor
Carmela, 26, A Coruña

Coñecín a alguén que odia os finais tanto coma min.

E lembrei o día no que a miña nai me bicou as bágoas e díxome, coma quen confía un segredo:

— Ruliña, a vida son ciclos.

Daquela pensei que falaba dunha cousa científica, algo que só unha enxeñeira coma ela podía comprender.

Agora enténdoo…

Se a vida son ciclos, os ciclos están feitos de cambios.

E os cambios son finais. Pero tamén son comezos.

Porque nada remata de todo. Só muda.

E mentres o sol se mergulla no horizonte, decátome de que algúns finais son necesarios. E ata fermosos.
Compartir: