CAST / GAL

Dioivo
Celia, 70, VIGO

Resístome. Entrégome. Dudo. Sempre dudo. Entón nun recuncho escondido xurde a forza, a afouteza, a paixón.
Séntome. En silencio e quietude permanezo un tempo que semella alongarse como unha espera posposta e porén desexada.
Collo folgos e prométome que agora vou poder. Que o momento do cambio chegou. Que debo facelo. Que desta volta serei quen de acadalo.
Poño o chubasqueiro e as botas. Collo o paraugas para tentar conter o dioivo universal e saio á rúa cun sorriso nos beizos e unha fermosa quentura no corazón.
Compartir: