Nada está escrito
Daniel, 39, Ferrol
Este non podía ser o meu destino. Fortuna en forma de vida, azar en forma de cadeira de rodas, eu observaba dende a miña cama, postrado, sorrindo pola vida e chorando por non volver camiñar nunca máis, no volver remar cos meus compañeiros no meu Atlántico salvaxe, remando e remando ata que gañemos a bandeira. O que o meu destino non sabe, é que eu elixo a miña vida, e chamo a Deus como testemuña de que pronto estarei sentado na traíña.