CAST / GAL

O que dá e o que quita
Álvaro, 35, A Coruña

Recordo á nosa avoa
contándonos contos ao carón do lume,
mentres a chuvia debuxaba regos nas fiestras.

Dicía que o destino dá, pero tamén quita:
consola nas desgracias
e fai máis grandes as pequenas alegrías.

O destino fixo que coñecera ao noso avó.

O destino levouna.
Compartir: