O destino dende un chanzo
Roque Chanzo, 49, Sevilla
Sentado no chanzo concéntrase nun destino de cen palabras. Lanza unha pedra cara o pau, coa única intención de atinar. Porqué vivo aquí e non na cidade? Xa van case trinta. Un raio pillabán atravesa as nubes mailo emparrado chegándolle á pupila, enchendo cincuenta palabras para cando vira a cabeza. Porque papá mamá, e non son outros os seus pais? Diante súa, unha pega carrexa un besbello morto no peteiro, mentres, acariciando o reloxo cavila no azar de cando o atopou na cuneta. Chámao a irmá para xantar, Roqueeee!, case cen, erguéndose, pesaroso, convencido que non atopou ideas para avanzar.