Derradeiro novilunio na noite
Gina, 46, Badalona
«Sorprenderache que silabe “o noso destino” cando nin a deslindas; déixaa estar, idealista xorde».
«Outórgase mágoa, pero se soubese canto a ignoramos...; escóitame, déixaa estar».
«Que a procures onde a nada se sabe un todo, e como unha insospeitábel espiñada emerxa, é para reflexionar».
«E déixaa estar é o que non pretendo que agora realices, pois finalmente amósasme valentía. Afouto, xamais lamentarías a miña sobrevoada perda, pero se albiscas unha oportunidade comigo, cégaa de ilusión», borboriñoume para engulirme a noite.
Arrepiado presenciei esvaecerse unha vida conxunta, pero hoxe nesta cegueira pola nosa colisión mortal, dun nos, non o seu non.