Maimiño
Kelly, 36, Fene
Fixen a maleta con ledicia, quería fuxir canto antes.
Cando subín ó avión a sensación era de alivio porque os meus desacougos parecían quedar na casa.
Cando levaba apenas unhas horas na Alemaña, sentía unha opresión no peito e algo aínda mais raro: doíame o dedo maimiño da man esquerda. Notaba unha tensión que parecía que algo invisible tentaba de arrincarmo.
Pasaban os días e a sensación empeoraba e influía na miña vida cotiá.
Volvín a casa. A tensión no maimiño esfumouse. O fío vermello do destino, disque. Demasiado unido á miña terra coma para alonxarme. Non volvín marchar.