A VOLTA
Mara Vito, 25, Vilalba
A tempestade desorientou a barquiña na que viaxaba, deixándoa atascada nun pobo que non lembraba visitar nunca.
Desprazouse sen pensar, entre camiños e vivendas húmidas e nebulosas, ata que as propias pedras a observaron coma se a coñecesen.
Entón lembrou: as tardes cos seus avós, a vida coa ausencia dos seus pais... mellor non mencionala.
A caixa de correos oxidada aínda dicía “Familia Pérez”. O destino, caprichoso ou preciso, trouxéraa de volta á orixe, coma se dun imán se tratase.
Petou na porta de madeira, sen pensalo.
—Quen vai? —dixo unha voz familiar.
—Non sei. Quero pescudalo.