CAST / GAL

Camiños escritos
Lucía Amil, 19, Pazos de Borbén

Camiñaba sen saber que o chan baixo os meus pés estaba escrito en pedra. Cada paso era un eco dun verso que non lembraba ter lido. Un reloxo sen agullas guiaba os meus días, mentres a choiva caía no mesmo lugar. Intentaba fuxir, mais o aire sabía o meu nome.
Ti, sempre lonxe, mesmo cando estabas preto; non foi elección, foi unha melodía antiga, esquecida, que se repetía constantemente na miña cabeza, sen remisión.
Compartir: