CAST / GAL

O destino
ALEX, 55, Las Palmas de Gran Canaria

Fai anos, unha parella atopou un neniño na Praia de Limens, flotando nunha cesta con roupa cunha arpa bordada.
Xurxo aprendeu a tocar a gaita. Tamén enrolouse no mar, chegando a ser moi famoso nas frotas pesqueiras por tocar a gaita nos barcos. Os seus compañeiros chamárono “O Mariñeiro Gaiteiro”.
Pescando no Gran Sol, visitou unha taberna irlandesa, onde coñeceu un vello músico que lle contou que tivo un fillo a quen perdeu nunha viaxe en barco durante unha treboada. Un anxo fermoso con roupas bordadas cunha arpa.
Agora, Xurxo, quen veu do mar, coñecía o seu destino.
Compartir: