CAST / GAL

*Cambiar é vivir*
Andrea, 39, Arteixo

Cambio é quen fai un todo dunha nada. É quen atravesa unha porta e di un «Si, quero».

Cambio é camiñar dereito ate que de súpeto das media volta.

Cambio é romper o molde no traballo e non deixarse avasallar; é poñer límites.

Cambio é conducir, atopar caravana e desviarte; é pedirlle a Google Maps que te redirixa.

Cambio é durmir con alguén e despois durmir soa.

Cambio é entrar nun hospital sendo dous e saír sendo tres.

Cambio é decatarte de que o fixeches mal e actuar doutra maneira.

En resumo, a vida é un constante cambio.
Compartir: