HERBA DE NAMORAR
VILABOA, 65, Madrid
Quixen imitarlle ao Odiseo e achegarme a seres agochados algures, a recuperar a maxia, a escoitar o canto das sereas, sen tensar o arco.
Ao nacer alguén escribiu o meu destino, nunha parede de granito, sinalando a escura fatalidade de non me permitir saír da comarca. Tentei rachar coas forzas que impedían o devir dunha vida condenada a non coñecer canto barruntaba fóra do acostumado, lera nos libros...
Non din nunca iniciada viaxe algunha, nin saín desta aldea que me protexeu entre as súas árbores.
Só quería ver e sentir a armería marítima.