CAST / GAL

Vermella
Diana Ramos Torrado, 23, Rianxo

Cando te vin naquela caixa de madeira, feridas como pulseiras, pel sobre pel a máis pel abrazada, asimilei que o corpo non só era corpo e aquela representación túa deixoume destrozada.
Recordei unha conversación nosa, na cal dicías que cada persoa é unha cor, e eu tan malhumorada, sempre por ti, era claramente morada.
Agora ti, tendida ante min, por fin te vexo e véxote vermella, ser só podía marcarche un camiño e ti o seguiches. Nunca houbo outra maneira de ser que unha mesma.
Pero, véndote, son menos morada. Eu son menos eu, mentres ti sempre serás ti.
Compartir: