CAST / GAL

Os cambios da vida
Mariel, 58, A Coruña

Que rica a bebé! Canto cambiou nestes meses!
É a túa nena? Que maior, moi cambiada. Unha moza feita.
Maribel, a túa filla está guapísima. Vaia cambio lle deu a Universidade! Feita unha muller.
Maribel, vin onte a túa filla e costoume recoñecela. Dende que casou e tivo os fillos está moi cambiada. Colleu algo de peso, non?
Maribel, pareceume que túa filla está moi desmellorada. Deu un cambio tremendo nos últimos meses.
Ai, Maribeliña, canto o sinto! Míraa! Pobriña, vai consumida, tan cambiada, non parece ela. Pensa que por fin descansou. Parece que vai durmidiña.
Compartir: