Contemplación
jorgemoro, 49, Vigo
E entre a continua sucesión harmónica de auga salgada batendo na area enchoupada, sempre chega unha onda anárquica para mollar parte da praia seca e xerar unha nova orde.
Mentres deixo que a choiva me dilúa en estrelas fugaces.
Así, contemplo a noite pecha coas súas constelacións, avións pasando e o sol, no alto, alumeando o outro lado do mundo.