CAST / GAL

ROCK&ROLL
Fruqui, 55, Padrón

Anoitecía mentres seguía fuxindo no coche. Marchara.
4 cousas na maleta. Uns trastos no asento de atrás.
E o can, que a él nunca lle gustara.
Acendeu un cigarro, e desfrutouno. E máis aínda cando na radio empezou a soar Rock&Roll, dos LZ. Tampouco os podía poñer na casa. Tampouco lle gustaban.
Ultimamente non podía facer nada sen que fosen todo críticas. Todo estaba mal, todo o facía mal. Ata que se armou de valor, e dixo que non aguantaba máis.
Sorriu, cousa que xa nunca facía.
Marchara. Era feliz mentres se afundía na noite escura.
Compartir: