CAST / GAL

Antes contra despois
Manuel G. S., 71, A Coruña

O título de "Mellor Adverbio de toda a Vida" estaba en disputa. Chegados mesmo dende as profundidades do dicionario, milleiros de vocábulos asistían expectantes á contenda. No derradeiro asalto, tras a exhibición dun vídeo publicitario que recreaba a efectividade dunha crema rexuvenecedora, “despois” parecía ir gañando. Porén, “antes”, equilibrou enseguida a lide ao esgrimir a instantánea dun grupo de rapaces que xogaban á buxaina nun eirado. E como o xurado -formado por prestixiosos verbos e substantivos- non conseguía chegar a un acordo unánime, comezou a medrar un rumor entre o público: E por que non “agora”?
Compartir: