CAST / GAL

E entón chegaches ti
Rebeca, 30, Vigo

E entón chegaches ti.
Despois de tanto tempo esperando coñecerte, vinte por primeira vez. Tiñas esa pel tan suave e un pelo negro como a escuridade da noite. Non pasou desapercibida a túa fochiña no queixo, nin eses ollos marróns tan grandes e expresivos. Pasan os meses e cada día é máis bonito que o anterior, escoitando a túa risa e sendo feliz contigo. Non sabía que se podía querer así, ata o día que te coñecín.
E entón chegaches ti, querida sobriña.
Compartir: