Etapas
J., 31, Cee
O neno estaba canso de ser neno.
Tras desexalo durante moito tempo, conseguiu facer un troco.
A vida de adolescente, unha vez vivida, resultaba esgotadora. Pensándoo ben, o seu verdadeiro desexo era ser adulto.
Así fixo o segundo troco.
Pouco despois, farto das cargas propias desa vida, chegou á conclusión de que só de maior podería descansar.
Pasados uns días, con bágoas nos ollos, suplicaba por un novo acordo. Quería volver ao punto de partida.
Pero xa era tarde.
A morte non entende de trocos.