CAST / GAL

Hoxe, mañá e sempre
Irea Romero, 15, Ourense

Supoño que todos remataremos no mesmo lugar. Porque está escrito así: é o destino. Pero pensar que algún día deixarás de existir, ou que serás esquecido... doe. Porque os nosos tataranetos non saberán nada de nós. Neste momento, alguén está morrendo. Outros morrerán mañá, outros a semana que vén... pero non só nós. As estrelas tamén morren, e o sol apagarase nalgún momento para descansar. Ollamos a mesma lúa que alguén mirou hai miles de anos. Todo desaparece, pero mentres ollemos as mesmas estrelas... non estaremos sós.
Compartir: