imaxina morrer entre a area
adriax, 19, Madrid
Facer un só xesto e ficar morto. Pensar en todas as longametraxes que che gustaría ter visto. Estar tras unha ventá pensando en intentar cousas. As cortiñas tremen como respondendo: imposible. Agora, que che tapa area metido nun reloxo de cristal, pensas que si tivera sido posíbel. Quen me diría a min que así é como chega o fin e que morrería entre fermosa area. Ninguén che vai quitar todas as palabras e xestos doces que saíron algún día da túa boca. Só che quitan a vida, cun xesto bonito, e ficas morto.