O medo
Aria, 39, Pontevedra
O reloxo detívose ás 4:45, á hora no que meu Pai marchou. O silencio espertoume cun nó no peito. Abrín as redes e Alí descubrín outra vida miña: traballos que nunca pedín, bicos que non dei, cidades que non pisei. Unha versión de min que existía en paralelo mentres o tempo seguía inmóbil. Naviguei por aquela vida ata que o sono venceume. Ao amencer soubeno: por fin era dona do meu destino. Vestinme de luz, pechei a porta e deixei atrás o medo.