CAST / GAL

Crisálidas e paredes
Elba Dasilva López, 23, Pontevedra

365 días.

Cada un deles, unha oportunidade para sentir por fin unhas ás duras e famentas, emerxendo dun lombo ferido, aclamando unha vitoria feroz.

Na túa pel sonos, desexos. Conxunturas que cada día levántanse ao teu tempo, esclavas do día e a noite.

Sempre quixeches cambiar; honrarte. Observas as demais crisálidas evolucionar. Sentes envexa, pero tamén medo. Atérrache pensar en deixar ir a folla que sempre che suxeitou, doce como a caricia dunha nai.

O costume é un fogar. Cálido, moito máis que o cambio. Mais as paredes que te protexen tamén te afogarán.
Compartir: