CAST / GAL

METAMORFOSE
Magda Buso, 14, A Coruña

Unha murcha flor abandonada nas febles follas dun libro. Un home que ficou. Unha muller que escapou. Quen pensará neles?
Posiblemente unha rapaza cun bolígrafo no corazón; se cadra, o tempo, onde todos atopan un fogar para arraigar as súas caducas lembranzas.
Ou, tal vez, Manuel. Aínda que xa ninguén o recorde.
Logo dunha longa viaxe en barco posúe a única salvación nas mans. Guiado pola traxectoria daquela carta remata fronte un vello portal.
Peta... Abren...
Dúas almas, dous corpos. Dous namorados esquecidos nun amor que se afundira no mar.
Unha flor medrando. Un home chorando. Unha muller abrazando.
Compartir: