CAST / GAL

Tola
Queta Soto, 65, Arteixo, A Coruña

Din que quedei tola pero ninguén o sabe. Nin sequera o cura que me mira de esguello cando paso diante da igresia. E que vou facer? Falar do que vén e vai co vento? De aquel brillo nos ollos que perseguín durante media vida?
Seguino, deixei atrás festas, pretendentes e pais. Pensaba que casaría pronto, que a vida me collería entre as mans como pan quente.
Non todos temos unha vida común. Algúns temos unha lenda, unha historia, unha quimera. Un desexo nacido no interior do peito que agroma rompendo fibras para convertelas, sinxelamente, en páxinas dun libro.
Compartir: