CAST / GAL

Entre casas
Pablo G., 32, Cangas

Sento no chan, tal e como me pediron. Suspiro polo fuciño e relamo os meus beizos. Escoito o meu nome nunha voz que xa oíra antes, cálida como as súas mans cando me acariciaba o lombo. Mirámonos. Ladro.
—Ven, cariño. Imos?
Corro ata os barrotes da miña casa, sacando a pata entre eles para tocar aquela persoa. Non consigo saír. Brinco en círculos. O rabo desatado. A porta aberta. Saio disparado ata chegar a ela. Érgome sobre dúas patas e lámbolle a man unha e outra vez.
—Marchamos á casa, Ulises.
Compartir: