CAST / GAL

Primeira vez
Xosé Seixas, 50, Lugo

Sempre que te atopo, Eternia, ámote; e se te chamo dende as covas profundas e os recunchos sombríos, non vés. Canto e invócote, Invernia, para aprender os números e as letras detrás da cociña de leña.
Ti ensínasme, Matria, a dureza do aceiro.
Estrela de axenxo que perdura na noite: temo atoparte ao virar a esquina, mais búscote nas portadas dos xornais cada ano bisesto. Debuxo un calendario cósmico na portada do xornal de onte, unha astroloxía precisa de todo canto cambiou dende aquela primeira vez.
Compartir: