Persecución inesgotable
recunchodevida, 33, Ourense
Persigo ao destino camiñando a paso lixeiro, coas mans nos petos, a airexa revolvéndome a vida e o frío cortándome os beizos. E sigo avanzando, case correndo, coa intención de agarrar a ese canalla pola lapela da chaqueta e berrarlle que xa é hora de que me bote unha man.
Pero sempre é máis rápido ca min.
Pero sempre é máis rápido ca min.