CAST / GAL

Intres
BuleBule, 24, Vimianzo

O reloxo da estación atrasaba dous minutos. Ela perdeu o tren.
Protestou, chorou, maldixo o atraso. Mentres recollía o billete engurrado, un descoñecido preguntoulle pola hora. Corenta anos despois, cando a neta lle pediu que contase a súa historia de amor, sorriu antes.
Aquel reloxo que decidiu cambiar o tempo.
Compartir: