A derradeira lembranza de María
David, 35, A Coruña
Na súa agonía María recordou cando unha xitana lle lera o futuro un plúmbeo serán de estío de 1956. "Serás mestra e casarás cun home de boa familia como a túa", dixéralle a pitonisa, mentres percorría a súa man cos dedos sen abrir os ollos. E como nun fotograma apareceulle o sorriso cómplice das amigas ao escoitarlle que tería fillos sans e viviría na cidade.
Aquela mesma noite, apesarada, decidiu que marcharía lonxe, a vivir unha vida coherente consigo mesma. Pouco despois desta lembranza pechou os ollos por derradeira vez.
A súa muller, Berta, despediuse dela cun bico na fronte.