O engano do destiño
Xerardo, 50, Pontevedra
Martiño amaba á música clásica, usábaa para ler, para pasear, para durmir. O seu destiño era vivir en Viena, onde naceran, viviran ou morreran figuras como Mozart, Haydn, Beethoven, Schubert, Brahms... Estudiaba duramente alemán, para poder vivir ás beiras do Danubio. Logrou aforrar uns cartos, colleu un avión e chimpouse en Viena. Foi ó Musikverein, ó Staatsoper. Cando esgotou ós cartos, tivo que voltar a súa cidade. Foi incapaz de instalarse en Viena, el pensaba que era o seu destiño, pero as veces o destiño engana á xente, o destiño é o que é, non o qué pensamos nós del.