CAST / GAL

O destino é horizonte
Magnolia 13, 64, Ourense

Finalista

Onte plantei un xirasol que axiña será planta vizosa, aquelada e espreitante. O destino é a maxia dun porvir azaroso e esperanzador para o xirasol.
Choverá, quentará o sol ou virá a treboada amolar o xirasol?
Visitarao a abella, a bolboreta ou o xílgaro cantor? Tecerá unha araña a tea nos seus pétalos e virá o vento abanearlle as pebedas e derrubalo cal horizonte? O destino foi, permanecer, confiar, medrar e florecer cal arco da vella.
O xirasol será semente, novo xermolo na proa e na popa do océano da miña horta.
O xirasol é o destino sen horizonte!
Compartir: