O Camiño e o destino
PedroPR, 63, Ferrol
Ollou pra ela, suxeitándolle a man. Tentaba que ficara aquel intre gravado coma o escultor que dá o derradeiro golpe á pedra. Cincuenta anos pasaran e lembraba o momento en que decidira, irreflexivamente, comezar o camiño, daquela pra minorías.
Estaba a pasar unha crise persoal. Acabara a carreira mas non sabía que facer coa súa vida…preparaba oposicións, marchaba fóra, seguía co negocio familiar?
Ali estaba, no Cebreiro, e arrancou. Levaba dez quilómetros cando, saíndo dunha fraga, viu a unha rapaza loira sentada á beira do camiño…Preguntoulle se precisaba axuda e ,desde aquela, nunca máis se separaron máis de tres días.