CAST / GAL

AI Destino
Tino, 58, Culleredo

Chámome Tino, pero nunca creín no destino. Tarot, zodíaco, oráculos… parvadas para xente de pouco siso. Penso firmemente que o futuro non está escrito, nin nas cartas nin nas estrelas, que está nas nosas mans e que somos as persoas, coas nosas decisións e alternativas, as que o construímos. Senón que sentido tería levantarse da cama. Porén son unha persoa curiosa, inqueda, así que onte, por brincadeira, pregunteille a varias intelixencias artificiais que é o que me deparaba o destino. E coincidiron. O 25 de xullo sairei definitivamente de dúbidas. Levo un par de días durmindo mal.
Compartir: