CAST / GAL

O dragón
Toñito de Vilaster, 50, A Coruña

Impredecible e perigoso axexaba serpenteante á aldea, deixando tras de si o seu alento a cinza. No pobo xuntáronse para combatelo, mais as forzas non estaban equilibradas, a pesares do gran valor da xentiña. Asomou a súa cabeza abrasadora ata a mesma entrada en varias ocasións e volveu marchar. Ás veces o destino depende do canto dunha moeda e sobre todo neste caso do vento. Por mágoa, outras aldeas quedaran no seu camiño arrasadas, mais a nosa volveu nacer. - Foise o dragón!, berrou a veciñanza, fundíndose nunha grande aperta de celebración.
Compartir: