CAST / GAL

Matria
Xiana, 21, Pastoriza, Arteixo

A través da ventanilla non vexo máis que fume. Hai que darse présa. O ruído do lume abríndose paso pola nosa terra retumba no meu corazón. Temos que chegar á casa da avoa. O renxer das labaradas soa a berridos e prantos. Vidas enteiras e recordos perdidos soben ao ceo como pantasmas a través da fumareda. Morren os campos e animais, morren os nosos. Chegamos. Todas as casas queimadas, incluída a da avoa. Con todo, coma se fose obra do destino, algo alí non ardeu: unha foto dos avós nun vello marco, e eles, no centro, recubertos coa nosa bandeira.
Compartir: