A néboa do Destino
Bossa, 42, Ribeira
Na aldea esquecida de Baroña, Sofi camiñaba soa entre a néboa, guiada por unha voz que só ela escoitaba. Din que quen ve á Santa Compaña perde a alma, pero Edu, forasteiro recén chegado, cruzouna sen medo por salvala. As sombras detivéronse. Ela, temblorosa, colleulle a man. Desde aquela noite, a procesión nunca máis apareceu. Algúns din que Edu rompeu o ciclo coa forza do amor; outros aseguran que agora el lidera a comitiva, e que cada noite, ao soar da campá, Sofi fala cunha silueta na brétema. O destino xuntounos… e tamén os separou.