CAST / GAL

Noite de lúa
Tuan de Celeiro, 43, Viveiro

O vento despertouna antes do previsto, despois de arroupar ao pequerreño no berce colleu o muñico e pousouno sobre o pano que cubría a súa cabeza.
Percorreu o camiño até o peirao acompañada da luzada doutra noite de inverno mentras tripaba a herba ao son dos zocos andados que lle mercara o seu pai a derradeira vez que se viran.
Co peixe enriba e co laído dos vimbios proseguiu pola carreira e cando estaba a piques de chegar á aldea, albiscou unha sombra preto dela, era o seu amor, e nese intre soubo que o sería para sempre.
Compartir: