CAST / GAL

Lembranza
Elisa, 64, Vilagarcía de Arousa

Acubillada baixo o paraugas, percorro as rúas que me foron familiares cando nena. As súas casas agora abandonadas, aquelas nas que vivían as miñas amigas, coas que compartín os días de verán e as tardes de inverno despois do colexio. Recoñezo apenas a de Sabela, a que tanto cobizaba polas flores que embelecían a fachada.
Rememoro os sons de entón, algarabía infantil: berros, carreiras, cancións.
Nun momento de nostalxia, pregúntome que destino temos se non somos capaces de conservar o que nos fixo medrar. Ás veces penso que imos a rumbo, desnortados.
E naquel intre deixara de chover.
Compartir: