CAST / GAL

O avó
Ana Veiga, 50, Bertamiráns

Dende a xanela do camarote Enrique saloucaba pensando en todo o que deixaba atrás.

Era unha despedida da súa vida anterior mesmo de sí mesmo; un dó que sería silencioso e daría paso ao seu novo eu.

Deixaba atrás a miseria e a fame negra para alcanzar riqueza e prosperidade.

Enrique con tristeza e ansiedade pensaba na súa familia e tamén no retorno; unha esperanza que sería constante.

Aqueles ollos da cor do océano cruzaban o charco para non volver e ainda que Enrique xamais volvería de Arxentina marcaría para sempre o destino da súa linaxe.
Compartir: