A terceira cadeira
Morrinhento, 31, A Coruña
Sempre imaxinei unha mesa para dous.
A primeira vez que preparei a cea, coloquei unha terceira cadeira, máis pequena ca as outras. Pasei un bo anaco mirándoa, coma se estivera no conto equivocado.
Ninguén pareceu sorprendido. A conversa comezou igual. A cea transcorreu con normalidade. Non sobrou pan.
Só ó recoller a mesa comprendín que aquela cadeira nunca estivera baleira.
Quen aínda non atopara o seu sitio era eu.