CAST / GAL

Destino
xosea, 57, Santa Cruz

Perdinme nunha canción de Calema. Fermentaba ritmos tropicais con voces brancas de Viena. Prometía danza, contorsión e desenfreo. Esvarei por un pentagrama de fantasía, corcheas e brancas rebulían ao meu carón.
Cada vez que penso no mar, penso en amarte. Nada desta década de pracer sería posible sen ti, sen o teu ollar e os teus aloumiños.
Bailar é frenesí. Lembro aquela peza de voda, sway, e eu engaiolado nas túas mans, levado polo swing, movéndome ao teu ritmo.
Cada vez que soa Calema lembro que te amo, porque non sei se o sabes, mais o meu destino es ti!
Compartir: