CAST / GAL

Louca realidade
Adrián, 46, Tomiño

Naceu nunha noite de tormenta. Cría que a súa mente era un mapa debuxado polo destino. Escoitaba murmurios suaves como o vento que dicían que todo tiña un propósito. Ás veces, ría soa. Outras, choraba sen razón. Adoitaba camiñar pola beira do mar, perdida, buscando sinais nas formas da area. Un día desapareceu sen deixar pegadas. Uns din que encontrou a cura para a desorde da súa mente. Outros, que encontrou o destino na soidade do silencio. Quizáis, no seu caos, entendeu algo que o resto xamais comprenderá. Porque non toda ausencia é loucura. Algunhas veces é exceso de realidade.
Compartir: