CAST / GAL

Cadeira baleira
Cloe G.L., 14, O Porriño

Os cambios poden doer, pero hai un en especial que é coma un toxo. É ese cambio cando se xunta a familia e queda unha cadeira baleira. Cando falta un prato e unha voz. Ese que fai lembrar a unha persoa e as memorias con ela vividas. Porque algo tan insignificante como unha gargallada, significa moito.
Por iso non é só fitar a cadeira sen dono, é lembrar e contar unha memoria.
Compartir: