CAST / GAL

Empurrón
Areoso, 69, A Coruña

Finalista

Nun dos despachos do edificio financeiro, alguén xoga cun pequeno artiluxio que repousa no escritorio. Primeiro, toma entre pulgar e índice a pequena bóla de aceiro que pende no extremo e traza un arco separándoa das súas catro compañeiras que agardan o impacto na vertical; e, daquela, sóltaa. Un milisegundo despois, ao outro lado da cidade e sen motivo aparente, un home decide saltar ao baleiro.
Compartir: