Vidas novas
Sofía, 53, Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Os sons, os aromas, as rabuñaduras e as necesidades dos animais formaron a banda sonora da miña infancia. Dende cativa, mentres mamá muxía a Pinta, debullaba espigas, moía o gran e recollía os ovos.
Unha mañá, achegueime ao galiñeiro. Desacougoume o silencio. Cando empurrei a porta, un animal pequeno, escuro e lustroso, colouse entre as miñas pernas. Berrei.
Mamá chegou apurada, acenou coa cabeza, premeu os beizos e lanzou unha restra de maldicións ante a desfeita.
De súpeto escoitamos choquelear unha galiña negra que saíu do seu agocho, seguida dunha ducia de pitos brancos, amarelos e pretos.