CAST / GAL

Quilómetros de vida...
Moura Celta, 47, San Sadurniño ( A Coruña)

Saín do concesionario coa chave do meu novo coche na man e un sentimento agridoce no peito.

Ulía a novo: a estradas sen nome, a quilómetros por percorrer, a historias por vivir...

Pero mentres conducía, botei en falta as imperfeccións do vello: a crocadura que lle fixera Antoniño, o debuxo de Ana na tapicería, a area negra de Morouzos tralas xornadas de praia, a mancha de xeado...

Entón comprendín que non cambiara só de coche.

Deixaba atrás unha época.

Porque aquel vello compañeiro non gardaba só quilómetros, senón risas, silencios, bágoas e infinitas primeiras veces.

Atesouraba as nosas vidas.
Compartir: