SEN TINO NIN DESTINO
Carlos, 49, Somozas
Xoel non ollaba ben por onde camiñaba e caeu. Caeu moi mal. A min tamén me caía mal. Non por nada, é que Xoel era un deses que nunca ollaba por onde camiñaba. E por iso caía. Mal. Nesa caída rompeu o nocello, a escápula, a cacheira e parte da ánima bendita.
-Iso foi cousa do destino -dixo Xoel.
-Non, ho- contestei eu. -Foi do desatino.
E así ía Xoel pola vida, sen tino nin destino máis cao de caer mal, rompendo corpo e alma polo seu desatino.
-Iso foi cousa do destino -dixo Xoel.
-Non, ho- contestei eu. -Foi do desatino.
E así ía Xoel pola vida, sen tino nin destino máis cao de caer mal, rompendo corpo e alma polo seu desatino.